martes, 9 de septiembre de 2025

TEMA2: PROCESADORES DE TEXTO.

 No disco duro do teu ordenador crear unha nova carpeta "DIXITALIZACION_oteunome". Dentro unha subcarpeta "TEMA2_PROCESADORES DE TEXTO" e dentro unha subcarpeta para cada actividade co formato "ACTx_DESCRICIÓN". Ahí gardar o teu documento da actividade con mesmo formato de nome "ACTx_oteunome".  


É importante que tamén gardes o contido desta carpeta nun pendrive, entregala na aula virtual ou na túa carpeta DIXITILIZACION de drive ou de Dropbox, por si alguén che borra a carpeta do disco duro.

Neste enlace podes descargar LibreOffice Writer.

Podes consultar algunha dúbida no Manual de Writer.

ACTIVIDADE 1: Configurar páxina, parágrafo e formato de texto.

Descargar aquí o documento de texto sen formato. Despois seguir as seguintes instrucións para obter un documento resultado o máis parecido posible a este.

Documento orixinal da actividade (usar para mostras características de parágrafos, sangrías, aliñados, ...).

DATA DE ENTREGA: _/09/2025 vía ______.

ACTIVIDADE DE AMPLIACIÓN 1: Formato de párrafo.
Esta actividade faise exclusivamente na clase despois de avisar ó profesor. Non se remata na casa.
Agora con menos pistas, crear un documento equivalente a este.

DATA DE ENTREGA: Cando a termines en clase para optar a nota extra.

ACTIVIDADE 2: Párrafos.
Sigue as seguintes instrucións e crea un documento similar.

NOTAS: Non chamar "Parrafos" ao documento como din as instrucións senón "ACT2_PARRAFOS". Encabezado ou cabeceira Arial 12 negriña. Marxes dereito e esquerdo a 2,5 e 3 cm. Tamaño de fonte de último parágrafo cambiar a 11, non 12. 
En writer non hai opción de "sangría francesa" tentar a conseguir o efecto cunha sangría antes do texto de 5 cm e unha sangría negativa para a primeira liña (ou convertindo ese parágrafo en dous con sangrías esquerdas distintas).
Se necesitas podes facer unha pequena trampa: clic dúas barras espaciadoras para separar palabras daquela liña que non termine coa palabra que debería.