domingo, 22 de noviembre de 2020

TEMA 3: FOLLAS DE CÁLCULO

 No disco duro do teu ordenador crear unha nova subcarpeta "TEMA2_FOLLAS DE CÁLCULO" e dentro gardar cada actividade co formato "ACTx_DESCRICIÓN". 

É importante que tamén gardes o contido desta carpeta nun pendrive ou na túa carpeta TIC´S4 de drive ou de Dropbox, por si alguén che borra a carpeta do disco duro.

Neste enlace podes descargar LibreOffice.

Podes consultar algunha dúbida no Manual de Calc.

ACTIVIDADE 1: Coñecementos básicos.

Realizar os exercicios propostos no seguinte titorial. Pero non gardalos como indica o titorial, vamos a facelos todos nun único documento de Calc cada un nunha folla distinta.

DATA DE ENTREGA: 13/01/2021 vía Dropbox (crear nova subcarpeta co nome do tema e nomear correctamente a actividade)

ACTIVIDADE DE AMPLIACIÓN1:

Segue as instrucións para obter un documento como:

                   

ACTIVIDADE 2: Referencias absolutas a celas en fórmulas.

Segue as instrucións para obter o documento resultado.

PISTAS: 

DATA DE ENTREGA: 22/01/2021 vía Dropbox

 ACTIVIDADE 3: Factura con desconto (función condicional aniñada).

Segue as instrucións para obter o documento resultado

 DATA DE ENTREGA: 22/01/2021 vía Dropbox

 

http://iesparquegoya.es/index.php/tecno3eso/calc3boton/900-ejercicios-calc

 

 

 

 

 


domingo, 25 de octubre de 2020

TEMA 2: PROCESADORES DE TEXTO

No disco duro do teu ordenador crear unha nova subcarpeta "TEMA2_PROCESADORES DE TEXTO" e dentro unha subcarpeta para cada actividade co formato "ACTx_DESCRICIÓN". Ahí gardar o teu documento da actividade con mesmo formato de nome.  

É importante que tamén gardes o contido desta carpeta nun pendrive ou na túa carpeta TIC´S4 de drive ou de Dropbox, por si alguén che borra a carpeta do disco duro.

Neste enlace podes descargar LibreOffice Writer.

Podes consultar algunha dúbida no Manual de Writer.

ACTIVIDADE 1: Configurar páxina, parágrafo e formato de texto.

Descargar aquí o documento de texto sen formato. Despois seguir as seguintes instrucións para obter un documento resultado o máis parecido posible a este.

Documento orixinal da actividade (usar para mostras características de parágrafos, sangrías, aliñados, ...).

DATA DE ENTREGA: 29/10/2020 vía DROPBOX.


ACTIVIDADE 2: Párrafos.
Sigue as seguintes instrucións e crea un documento similar.

NOTAS: Non chamar "Parrafos" ao documento como din as instrucións senón "ACT2_PARRAFOS". Encabezado ou cabeceira Arial 12 negriña. Marxes dereito e esquerdo a 2,5 e 3 cm. Tamaño de fonte de último parágrafo cambiar a 11, non 12. 
En writer non hai opción de "sangría francesa" tentar a conseguir o efecto cunha sangría antes do texto de 5 cm e unha sangría negativa para a primeira liña (ou convertindo ese parágrafo en dous con sangrías esquerdas distintas).
Se necesitas podes facer unha pequena trampa: clic dúas barras espaciadoras para separar palabras daquela liña que non termine coa palabra que debería.

DATA DE ENTREGA: 06/11/2020 vía DROPBOX.

ACTIVIDADE DE AMPLIACIÓN 1: Formato de párrafo.
Esta actividade faise exclusivamente na clase despois de avisar ó profesor. Non se remata na casa.
Agora con menos pistas, crear un documento equivalente a este.

DATA DE ENTREGA: Cando a termines en clase para optar a nota extra.

ACTIVIDADE 3: Táboas. Creación e edición.

Abrir un documento novo de writer e crear 4 táboas o máis parecidas posible as que podes ver abaixo.

Instrucións: 
1.- As táboas vanse a facer combinando celdas para facer outras máis grandes. Comezar creando unha táboa co número de filas e columnas necesario para que despois de combinar celdas quede coa forma adecuada.
2.- O ancho das táboas será: 8 cm e as súas columnas de ancho uniformemente distribuído, 10 cm, 8 cm e 16 cm respectivamente de primeira a última. Primeiro insertar táboa, despois fixándote na regra superior darlle anchura de 8 cm, despois seleccionar e clic botón dereito para distribuir columnas uniformemente e finalmente centrar a táboa no documento.
2.- Fíxate en cando o alto de filas é diferente para facelo máis ou menos proporcionado coas imaxes.
3.- Fíxate no texto en negriña.
3.- Colocar centradas todas as táboas.
3.- Os sombreados poden ser da cor que ti escollas.
4.- Escoller o aliñado vertical e horizontal adecuado para cada celda.
5.- Escoller os tipos de bordos adecuados.




PISTA: para escribir con orientación vertical de abaixo hacía arriba en Word é moi sinxelo pero con Writer seguir os pasos:
1.- Parágrafo/Aliñamento/Texto a texto  categoría Inferior
2.- Formato/Caracter/Posición/Rotación Escalado de 90º
3.- Agora para cambiar a aliñación vertical e horizontal están invertidas.
4.- Se queremos 3 liñas verticais vamos a ter que dividir a celda en tre columnas e despois quitamos bordos interiores para que non se vexan.




DATA DE ENTREGA: 16/11/2020 vía DROPBOX.



ACTIVIDADE DE AMPLIACIÓN 2:  Creación e edición de táboas.
Esta actividade faise exclusivamente na clase despois de avisar ó profesor. Non se remata na casa.


Crear un documento con táboas (nunha páxina) o máis parecido posible a este
DATA DE ENTREGA: Cando a termines en clase para optar a nota extra. Vía Dropbox.


ACTIVIDADE 4: Estilo periodístico. Columnas. 
A partir del texto. Copiar y pegar en writer. Crear un documento similar a este.

PISTAS: 
Marxes esquerdo e dereito e superior a 3 cm e inferior a 2 cm.
Texto fuente Times New Roman tamaño 12 excepto cabeceira tamaño 26  e "AEDP" tamaño 16. 
Bordos desde Formato/Parágrafo, os da cabeceira groso 3 cm e os seguintes groso 6 cm.
Crear columnas desde Formato/Columnas. Columnas separadas 1,5 cm as da primeira parte e 1 cm as seguintes, algunhas con separador. 
Insertar salto de liña onde corresponda. Insertar sangría na primeira liña co tabulador, onde corresponda.  Utiliza alineación adecuada.

DATA DE ENTREGA: 20/11/2020 vía DROPBOX.

ACTIVIDADE  5: Insertar formas.
Este documento foi creado con Word. Reprodúceo con Writer.

DATA DE ENTREGA: 23/11/2020 vía DROPBOX.

martes, 29 de septiembre de 2020

TEMA 1: HARDWARE

 Actividade 1: Montaxe virtual dos compoñentes físicos dun ordenador.


O simulador  IT  Essentials Virtual  Desktop, creado por  Cisco, é un simulador de ensamblaxe de  PCs no que terás acceso a información básica expresada de forma  concisa e sinxela. 

ACCESO TIPO A: Segue este enlace.

ACCESO TIPO B:
Descargar- Versión para montar PC de sobremesa.

Descargar- Versión para montar un portatil

Descargar- Versión para montar un portatil+PC de sobremesa.

Se non tes instalado no teu PC un programa para descomprimir arquivos descarga WINRAR, garda o  executable na túa carpeta de informática (para telo para outras veces) e instálalo.

Podes visualizar o simulador co teu navegador web con flash player habilitado ou empregar un reproductor de arquivos swf,  neste post podes descargar SWF.max. 

¿Te has enterado bien de las partes que acabas de montar? Realiza este test:

Actividade 2: Teoría Hardware.




 
Ir á seguinte web para ir lendo a teoría deste tema.

Accede ao teu drive. Dentro da carpeta compartida co profesor crear unha nova co nome do tema. Dentro crear un documento de texto co nome "Respostas Hardware". Copiar e pegar sen formato as preguntas de teoría indicando apartado (por ex. Actividades 1) e ir contestándoas a partir da teoría anteriormente lida.
 
Avance (orientativo):
 luns 5/10: Bloque de Actividades1 e 2
 mércores 7/10: Actividades 3 e 4
 venres 9/10: Actividades 5
 mércores 14/10: Actividades 6 e 7
 venres 16/10: Actividades 8,9 e 10
 luns 19/10: Actividades 11, 12 e 13

Axudas:
1/ Bloque de actividades 6, pregunta 4: ir á web
2/ Bloque de actividades 11, pregunta 6: ir á web

DATA DE ENTREGA (remata o prazo): 23/10/20 
                                                                   30/10/20 para alumna recentemente incorporada


Actividade 3: Compoñentes do ordenador.
Ir á web do seguinte enlace e resolver.
Ó rematar clic en "i" para mostrar resultado, capturar pantallazo e engadir a documento de drive da actividade 2. Engadir título da actividade


Repaso partes placa base.
Ir á web do seguinte enlace e resolver. Capturar pantallazo do resultado e engadir a documento de drive da actividade 2. 

Repaso periféricos e binario.
Ir á web do seguinte enlace e resolver. Non contestar ás últimas catro preguntas. Capturar pantallazo do resultado e engadir a documento de drive da actividade 2. 

DATA DE ENTREGA (remata o prazo): 23/10/20 
                                                                   30/10/20 para alumna recentemente incorporada


Actividade de ampliación: 

Na carpeta deste tema en drive, crear novo documento de texto co nome "Actividades de ampliación".

1.- Resolver o seguinte test sobre hardware e sofware. Só se pode fallar unha. Capturar pantallazo do resultado e pegar no documento de drive.

2.- Resolver os exercicios da seguinte web. Capturar pantallazo do resultado e pegar no documento de drive.


4.- Aquí tes outro test básico.


Actividade 4: Configura e merca o teu propio PC.

Dende a tenda online de pcbox.com ir ó configurador (botón situado en zona superior dereita) e montarse un PC clónico (escoller un compoñente de cada apartado) para ver qué características e capacidade teñen actualmente os distintos compoñentes do ordenador. Non te preocupes polo prezo, hoxe podes darte un capricho¡¡.

O diñeiro interesa gastalo na placa base, microprocesador, Ram mínimo 16 GB e disco duro SSD.

Unha vez rematada a actividade capturar un pantallazo do presuposto e características do teu novo PC. Pegar nun novo documento de texto de Writer/Word e exportalo/gardalo en formato pdf co nome Act4_presupostoPC.


VÍA E FORMATO DE ENTREGA: Entregar en formato pdf vía aula virtual accedendo á Actividade 4. 
DATA DE ENTREGA: 26/10/20 




lunes, 28 de septiembre de 2020

ALMACENAR E COMPARTIR INFORMACIÓN

 Hai moitas plataformas para almacenar e compartir información na nube (discos duros online): drive, onedrive, box, dropbox,... Vamos a empregar algunha delas para entregar actividades nesta materia.

Crear unha conta en dropbox.com:

Rexistrarse en  dropbox.com. Podes rexistrarte tamén coa túa conta de  google. Terás que entrar no teu mail para verificar que a túa conta existe e seguir o  link da mensaxe que che enviou  dropbox.

Crear o cartafol " TICS4_ oteunome" e compartilo co profesor (marcoson64@ gmail. com) con só permiso para ver.

Dentro deste, crear subcarpeta co nome do tema e dentro sóbense para entregar os documentos das distintas actividades co formato de nome:

 " ACTIVIDADEx_DESCRICIÓN".


Acceder a Drive e crear un cartafol para esta materia. Dentro crear outro co nome " TICS4_oteunome" e compartila co profesor (marcoson64@ gmail. com) con só permiso para ver.

Dentro do cartafol da materia ubicarás aquel que o profesor vai a compartir contigo.


Crear un cartafol no disco duro do ordenador co nome " TICS4_oteunome". Aquí poderás gardar os teus traballos anque para evitar que alguén os borre fai unha copia nun pendrive.

domingo, 27 de septiembre de 2020

PRESENTACIÓN TIC´S 4º-ESO

 Contidos: 

            HARDWARE
            SOFTWARE

            OFIMÁTICA:
                        PROCESADORES DE TEXTO
                        HOJAS DE CÁLCULO
                        PRESENTACIONES DIGITALES
                        BASES DE DATOS

REDES E INTERNET
SEGURIDADE INFORMÁTICA

MULTIMEDIA:
             EDICIÓN DE IMAGEN DIGITAL: GIMP
             EDICIÓN DE AUDIO: AUDACITY,...
             EDICIÓN DE VIDEO: MOVIE MAKER, ...

REDES SOCIALES: FACEBOOK, ...

            DISEÑO WEB BÁSICO: BLOGGER. HTML


Metodoloxía:
             Os distintos contidos trataranse comezando cunha pequena explicación para despois pasar a realizar actividades prácticas aloxadas na web tics4miraflores. blogspot. com. Avisarase da data límite de entrega e o prazo finaliza ese día ás 12 da noite. Entregar vía dropbox dentro de prazo. Se fóra de prazo haberá penalización, restarase 1 pto por día tarde ata máximo de 5 ptos. Non entregar a actividade dunha compañeira/o porque as consecuencias serán para ambas/os. Valoraranse algunhas das actividades entregadas, a elección do profesor, para obter a nota de actividades. Realizarase exame individual.

Calificación:
              Traballo de aula e actividades entregadas-60 %.
              Exame-Proba práctica-40%

              Actitude e comportamento: resta 0,5 pto por cada actitude inadecuada (sacar material doutra materia na clase, ampregar o  pc para asuntos alleos á materia, levantarse do seu posto de traballo, interromper a explicación do profesor, mal uso do equipo informático, chegar tarde a clase, … Se se repiten as actitudes inadecuadas ao longo do trimestre a nota será suspenso.

              Actividades de Ampliación: +0,25/actividade                
            
Recuperación:
               Parciais para recuperar o primeiro e segundo trimestres, recuperación final ordinaria de xuño e extraordinaria.