domingo, 25 de octubre de 2020

TEMA 2: PROCESADORES DE TEXTO

No disco duro do teu ordenador crear unha nova subcarpeta "TEMA2_PROCESADORES DE TEXTO" e dentro unha subcarpeta para cada actividade co formato "ACTx_DESCRICIÓN". Ahí gardar o teu documento da actividade con mesmo formato de nome.  

É importante que tamén gardes o contido desta carpeta nun pendrive ou na túa carpeta TIC´S4 de drive ou de Dropbox, por si alguén che borra a carpeta do disco duro.

Neste enlace podes descargar LibreOffice Writer.

Podes consultar algunha dúbida no Manual de Writer.

ACTIVIDADE 1: Configurar páxina, parágrafo e formato de texto.

Descargar aquí o documento de texto sen formato. Despois seguir as seguintes instrucións para obter un documento resultado o máis parecido posible a este.

Documento orixinal da actividade (usar para mostras características de parágrafos, sangrías, aliñados, ...).

DATA DE ENTREGA: 29/10/2020 vía DROPBOX.


ACTIVIDADE 2: Párrafos.
Sigue as seguintes instrucións e crea un documento similar.

NOTAS: Non chamar "Parrafos" ao documento como din as instrucións senón "ACT2_PARRAFOS". Encabezado ou cabeceira Arial 12 negriña. Marxes dereito e esquerdo a 2,5 e 3 cm. Tamaño de fonte de último parágrafo cambiar a 11, non 12. 
En writer non hai opción de "sangría francesa" tentar a conseguir o efecto cunha sangría antes do texto de 5 cm e unha sangría negativa para a primeira liña (ou convertindo ese parágrafo en dous con sangrías esquerdas distintas).
Se necesitas podes facer unha pequena trampa: clic dúas barras espaciadoras para separar palabras daquela liña que non termine coa palabra que debería.

DATA DE ENTREGA: 06/11/2020 vía DROPBOX.

ACTIVIDADE DE AMPLIACIÓN 1: Formato de párrafo.
Esta actividade faise exclusivamente na clase despois de avisar ó profesor. Non se remata na casa.
Agora con menos pistas, crear un documento equivalente a este.

DATA DE ENTREGA: Cando a termines en clase para optar a nota extra.

ACTIVIDADE 3: Táboas. Creación e edición.

Abrir un documento novo de writer e crear 4 táboas o máis parecidas posible as que podes ver abaixo.

Instrucións: 
1.- As táboas vanse a facer combinando celdas para facer outras máis grandes. Comezar creando unha táboa co número de filas e columnas necesario para que despois de combinar celdas quede coa forma adecuada.
2.- O ancho das táboas será: 8 cm e as súas columnas de ancho uniformemente distribuído, 10 cm, 8 cm e 16 cm respectivamente de primeira a última. Primeiro insertar táboa, despois fixándote na regra superior darlle anchura de 8 cm, despois seleccionar e clic botón dereito para distribuir columnas uniformemente e finalmente centrar a táboa no documento.
2.- Fíxate en cando o alto de filas é diferente para facelo máis ou menos proporcionado coas imaxes.
3.- Fíxate no texto en negriña.
3.- Colocar centradas todas as táboas.
3.- Os sombreados poden ser da cor que ti escollas.
4.- Escoller o aliñado vertical e horizontal adecuado para cada celda.
5.- Escoller os tipos de bordos adecuados.




PISTA: para escribir con orientación vertical de abaixo hacía arriba en Word é moi sinxelo pero con Writer seguir os pasos:
1.- Parágrafo/Aliñamento/Texto a texto  categoría Inferior
2.- Formato/Caracter/Posición/Rotación Escalado de 90º
3.- Agora para cambiar a aliñación vertical e horizontal están invertidas.
4.- Se queremos 3 liñas verticais vamos a ter que dividir a celda en tre columnas e despois quitamos bordos interiores para que non se vexan.




DATA DE ENTREGA: 16/11/2020 vía DROPBOX.



ACTIVIDADE DE AMPLIACIÓN 2:  Creación e edición de táboas.
Esta actividade faise exclusivamente na clase despois de avisar ó profesor. Non se remata na casa.


Crear un documento con táboas (nunha páxina) o máis parecido posible a este
DATA DE ENTREGA: Cando a termines en clase para optar a nota extra. Vía Dropbox.


ACTIVIDADE 4: Estilo periodístico. Columnas. 
A partir del texto. Copiar y pegar en writer. Crear un documento similar a este.

PISTAS: 
Marxes esquerdo e dereito e superior a 3 cm e inferior a 2 cm.
Texto fuente Times New Roman tamaño 12 excepto cabeceira tamaño 26  e "AEDP" tamaño 16. 
Bordos desde Formato/Parágrafo, os da cabeceira groso 3 cm e os seguintes groso 6 cm.
Crear columnas desde Formato/Columnas. Columnas separadas 1,5 cm as da primeira parte e 1 cm as seguintes, algunhas con separador. 
Insertar salto de liña onde corresponda. Insertar sangría na primeira liña co tabulador, onde corresponda.  Utiliza alineación adecuada.

DATA DE ENTREGA: 20/11/2020 vía DROPBOX.

ACTIVIDADE  5: Insertar formas.
Este documento foi creado con Word. Reprodúceo con Writer.

DATA DE ENTREGA: 23/11/2020 vía DROPBOX.